Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTUDO SOBRE SALARIOS DO IESE E ADECCO

Os soldos máis baixos e dez anos sen aumentar poder adquisitivo

Como media, o soldo dun madrileño chega aos 2.872 euros, máis do dobre do salario dun galego, que queda en 1.324 euros, a peor cifra a nivel estatal e moi por baixo da media de todas as comunidades autónomas, 1.553 euros. Segundo o informe de indicadores laborais realizado polo IESE e Adecco, a gravidade desa situación únense outros datos, como é a nova caída interanual dos salarios, dun 0.7% no último trimestre, e o agoiro de que esta tendencia seguirá. Ademais, o estudo indica que o soldo dos traballadores aparece en niveis similares aos de 1997, o que significa que en case dez anos apenas aumentou a capacidade de compra.

  • Os ingresos da metade das familias non dan para "gastos imprevistos"
  • A mocidade precisa de máis da metade dos seu soldo para pagar unha vivenda

- 08:08 28/11/2006
Tags:


0/5 (0 votos)