Son por vez primeira unhas contas que pasan por riba dos dez mil millóns de euros, cara a un total de 10.780 millóns, un 8.3% máis que os orzamentos proxectados o ano anterior. Ensino e políticas sociais, innovación e emprego e aposta polo equilibrio territorial, foron prioridades destacadas desde a Xunta durante a súa presentación o pasado mes de outubro. Polo miúdo, as consellarías xestionadas polos socialistas van manexar o 81% do total dos cartos. Na mesa de debate no Parlamento para este luns hai varias emendas do PPdeG, unha de devolución do proxecto e dúas ducias a diversas seccións do documento.