Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTA FIN DE SEMANA...

Dous cantautores: Narf no Porriño e Paco Ibáñez na Coruña

O artista galego Narf ofrece o venres ás once a súa música ao público do Bar Liceum, no Porriño. Ademais, esta fin de semana atópase na Coruña outro cantautor, o mítico Paco Ibáñez, quen dará un concerto o venres ás nove da noite no Teatro Rosalía e o sábado á medianoite no Playa Club.
O circuíto Eixo Norte-Galiza de Audiência Zero trae ata Baiona, ao Pub Marrucho, o grupo portugués Veados con Fome, que terá como acompañantes a Los abrasivos, o venres. O día seguinte estarán na sala Escarabajo, da Guarda, con The Phantom Club.

- 16:43 24/11/2006
Tags:

Os Falling Kids levan a súa música á sala La Iguana, de Vigo, o venres ás doce e media da noite. O sábado 25 desprazaranse ao norte, ata A Coruña. Tocarán na Mardi Gras, ás dez e media. En Lugo, o Club Clavicémbalo recibe o venres a visita do grupo de rockabilly Despreciables, e o sábado a de Mitocondrias.

Os Delorean, despois de tocaren o xoves en Compostela, estarán o venres na Coruña, na sala Mardi Gras, e o sábado en Vigo, no club La Iguana, ás doce e media. Na sala viguesa tocan o venres 24, á mesma hora, Falling Kids e All the Cream. A oferta na cidade olívica para o venres pola noite complétana Kaótico, na Fábrica de Chocolate; Heissel, Lavorda, Mas e Ocean's Garden, na sala A!; Glassonion, na Coliseum; Austria, na Majestic; Eddie el Zurdo, na Contrabajo, ás once, e N.O.T., Factor X e Noishock, na sala Anoeta.

A compostelá sala Capitol acolle na noite do 24 o concerto dos finalistas do certame NovaXove Music. No mesmo lugar, o sábado tocará a banda W.A.S.P. Na capital galega, o venres ás dez e cuarto, Ruído!3, formado por Manuel Eirís, Rita Rodríguez e Joaquín Lana, ofrecen en DF_Arte Contemporánea a afterparty at Mr. 8 bit. O 24 tamén tocan na sala Mogay, de Chantada, Stereotipos; no Pub Kinkaya, de Cangas, 96 grados; no Pub Gatos, de Melide, Alen; no Moby Dick, de Sada, Deaf of Noise; na sala Baranda, do Barco de Valdeorras, Dr. Funkstein, e no Bar Terra, de Marín, The Preachers of Rock & Roll, que ao día seguinte estarán na sala Vagalume, de Salvaterra. Así mesmo, na pontevedresa Sala Karma estarán ás dez e media To Nowhere e Black Days, e en San Sadurniño A Banda de Poi, na sala Dzine. A ampla oferta musical do venres complétana os regueifeiros Luís e Benito, na Casa do Coto, Tomeza, Pontevedra, ás once, e Fredy Fevereiro e João Alberto, no Jazz Vides da Coruña.

O sábado, M Clan chegan á Coruña, cun concerto no Playa Club ás dez e media. A esa mesma hora soarán na Mardi Gras os Falling Kids. Ás once, na Reserva, en Carballo, estará Álvaro Muras, e en Pontevedra, na sala Sala Karma, tocan os Samesugas. No Comecocos de Laracha está previsto que actúen Haiku, mentres que en Vigo tocarán Saldos Arias e Pülsar, na Fábrica de Chocolate; Glassonion, na Coliseum, e Hell Beer Boys, Emboscada, Sikótiko e Última Sacudida, na Anoeta ás dez.

O día 25 chegan a Galiza os Pignoise, que ese día van tocar na sala A!, de Vigo, e o domingo na compostelá Capitol. Tamén o domingo 26 aterran na capital galega os Sparklehorse, para o público da Sala Nasa, ás oito e media. Na mesma cidade, na sala TNT, actúa Condenado.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: