Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
ACTO CONTRA A CONFERENCIA DE SHLOMO BEN AMI EN COMPOSTELA

Denuncian que dous mozos detidos nunha protesta sufriron agresións policiais

Varias asociacións convocaron unha mobilización onte en apoio á liberación de Palestina en fronte da Aula Sociocultural de Caixa Galicia. No interior, o ex ministro de Israel Shlomo Ben Ami pronunciaba a conferencia Entre o choque e a alianza de civilizacións no marco dos Encontros do Club Internacional de Prensa. Durante o transcurso da manifestación, na que participaron aproximadamente un cento de persoas, dúas delas foron detidas e trasladadas a comisaría. Dende as asociacións participantes, denuncian continuas agresións por parte das forzas de seguridade, tanto no momento da detención como no traslado a comisaría e incluso alí mesmo.

- 11:43 22/11/2006
Tags:

Segundo fontes de Nós UP, unha das persoas detidas, membro de Agir, puido realizar unha única chamada dende comisaría onte á noite. Nela contou que solicitou o seu traslado a un hospital para solicitar un parte médico. Foi agredida durante a maifestación e o traslado á comisaría, mentres era insultada. Unha vez na comisaría, continuaron as agresións até o punto de que foi necesaria a intervención doutros policías para detérenas.

Dende Briga afirman que o dispositivo policial era "desproporcionado: unha grilleira na gasolineira de Xoán Carlos I, e varias furgonetas arredora da libraría Follas Novas." Contan que había tanto policía antidisturbios como axentes de paisano, e que estas dúas persoas foron detidas ao comezo, cando había pouca xente, co argumento de chamaren "terroristas" aos policías, "cando realmente o que berraban eran consignas como "Estado de Isarael terrorista" e ademais tentouse deter a catro persoas no interior do edificio, por parte de policía de paisano, aínda que finalmente sacáronas ao exterior e foron identificadas. Salientan a indefensión dos detidos, dous rapaces de 19 e 20 anos, fronte a axentes cunha actitude extremadamente violenta: "tanto na carga como no furgón foron agredidos, e mesmo a un deles, membro do Consello nacional de Agir, collérono polos testículos no coche".

Galiza Nova tamén emitiu un comunicado no que se condea a atitude "agresiva" da Policía e tamén se critica o forte despregue. Dende as mocidades do BNG queren mostrar co comunicado o seu apoio aos detidos, para os que piden a inmediata liberación. As dúas persoas detidas pasarán hoxe a disposición xudicial. Unha delas solicitou a asistencia ao hospital para obter un parte de lesións e poder tramitar unha denuncia.


0/5 (0 votos)