Entre 2000 e 2004 a empresa Construcuatro, propiedade de Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo e candidato á alcaldía de Pontevedra en 2007 polo PPdeG, mercou tres leiras no concello, en total 3.729 metros cadrados, dúas delas antes da propia aprobación do Plan Xeral de Urbanismo do Concello. A continuación, os predios foron vendidos á empresa Construziona, onde son socios dous irmáns do ex conselleiro Xosé Cuíña. Segundo explican desde a asociación Salvemos Sanxenxo o valor das dúas primeiras leiras, mercadas antes de aprobarse o PXOM, "aumentou en vinte veces logo da súa recualificación". Logo de denunciaren que a promoción ameaza unha zona húmida, o xulgado de Cambados ordeou paralizar a construción da urbanización de luxo aló proxectada.