Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VENCE CLARAMENTE NA PRIMEIRA VOLTA DAS PRIMARIAS DO PARTIDO

Ségòlene Royal será a candidata socialista a presidir Francia

Os militantes socialistas franceses decidiron este xoves que Ségòlene Royal sexa a primeira muller con posibilidades de acceder á presidencia do país. Royal conseguiu o 60.6% dos votos, por diante de Dominique Strauss-Khan, co 20.8%, e Laurent Fabius, co 18.5%, nunha xornada onde acudiu ás urnas o 82% dos 218 mil afiliados ao Partido Socialista. Con probabilidade, a claridade da vitoria, ademais de aforrar unha segunda volta onde se agoiraba aínda unha maior dureza nos enfrontamentos dos candidatos, contribuirá a minimizar as fendas internas da formación. Os voceiros dos dous perdedores xa felicitaron á gañadora e fixeron unha chamada á unidade do partido para derrotar a dereita nas eleccións do vindeiro 22 de abril. Cara a esa cita, as sondaxes amosan un apoio case similar a Ségòlene Royal e ao probábel candidato da dereita, Nicholas Sarkozy.

- 10:02 17/11/2006
Tags:


0/5 (0 votos)