Segue existindo un alto risco no tránsito marítimo; Galiza non posúe un Plan de Continxencias propio; seguen sen determinarse os "Lugares Refuxio" e os Centros de Almacenamento: a escaseza de medios é evidente; non se controla eficazmente o Dispositivo de Separación de Tráfico de Fisterra; continúa a deterioración do noso medio mariño; permanece a débeda histórica do Estado, que non atendeu á súa obriga de protexer o litoral galego. Velaí os argumentos principais cos que Nunca Máis subliña que "é obriga da sociedade galega lembrar que unha catástrofe marítima e medioambiental aínda é posíbel" e polo que se convocou a manifestación deste domingo 12 de novembro en Santiago. Máis información na web da Plataforma Nunca Máis. Anteriores: