"A guerra económica impulsada polos Estados Unidos contra Cuba, a máis prolongada das que se coñecen, é un acto de xenocidio e constitúe unha violación flagrante do dereito internacional". Falou así Felipe Pérez Roque, ministro cubano de Exteriores, na súa intervención diante da ONU.
Con esta son xa quince as ocasións nas que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas vota a prol do levantamento do embargo, con máis de 180 países votando en favor dos cubanos e apenas os votos dos Estados Unidos e Israel en contra. De xeito paralelo, grupos da oposición cubana no exilio anunciaron a presentación na ONU doutra proposta de resolución que lle pide ao goberno de Cuba "a liberación inmediata dos presos políticos pacíficos". Poden ampliar en Granma e no Herald Tribune.