Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EXCESOS DA VIDEOVIXILANCIA

O Gran Irmán mira os británicos: Unha cámara por cada ducia de persoas

Só en Londres hai medio millón de cámaras de vixilancia instaladas e calcúlase que un cidadán calquera é rexistrado até trescentas veces cada día, e en todo o Reino Unido son máis de catro millóns filmando seguido, tocando a unha por cada catorce persoas. Sobre esta orwelliana imaxe advertiron os investigadores que forman a chamada Rede de Estudos sobre Vixilancia, ao tempo que presentaban un informe nun congreso sobre privacidade e protección de datos celebrado na capital británica. Os expertos avisaron sobre as crecentes posibilidades que ofrece a tecnoloxía para seguirlle as pegadas a un cidadán calquera e laiáronse de que os ataques á privacidade medren sen que a lexislación atenda ás novas situacións. Ao fío, advertiron que o Reino Unido é un dos lugares onde peor evolución neste sentido se está producindo, á beira de países como Malasia e China. Máis información.

- 08:02 03/11/2006
Tags:


0/5 (0 votos)