Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTA FIN DE SEMANA...

O bardo de Boston en Compostela, heavy na Coruña e glam rock na Guarda

Esta fin de semana, os pubs e salas galegos acollen programacións ben variopintas: dende heavy metal (ou death metal, que tamén) até as tolerías de Jonathan Richman, un rapaz de Boston que comezou a tocar a guitarra con quince anos, emocionouse coa Velvet Underground e comezou a tocar unha mestura de rock, naïf... Todo un concertazo para o sábado en Compostela, que terá que competir con João Afonso. Ademais, pop en San Sadurniño, o espectáculo de Heissel en Vigo e na súa Guarda natal, e moito máis.

- 14:43 27/10/2006
Tags:

En San Sadurniño, a sala DZine acolle este venres ao ex Mephisto Luis Moro coa Tribeca´s Band. A esta sesión de pop coruñés séguea a chegada do pornoautor, El Chivi.

Xa na Coruña, gozaremos do jazz de Coda o venres, en Jazz as Vides, ou do rock de Roi el Xordo na Mardi Gras. O sábado, na mesma sala, teremos o heavy dos malagueños Tyr.

E Compostela acolle ao impresionante Jonathan Richman este sábado na Capitol. Era o estrafalario personaxe que tocaba unha guitarra acústica no filme dos irmáns Farrelly Algo pasa con Mary, pero tamén é un músico cunha longa e ecléctica andaina. En Bueu, ademais da actuación do domingo no Aturuxo, teremos un concertazo este sábado no Bar Beni: III Silent Tree Fest, con Cadalso, Nois D´anjrois e Porko Jones.

Imos até Vigo: o venres, Dirty Ray, Dos Pelos Negros e El Tolo na Sala A!, o glam guardés de Heissel, acompañados por Liquid Sun, na Fábrica de Chocolate, jazz feminino no Verbum Café con Monica de Nut & Diana Tarin (tamén o sábado), e, xa o sábado, All the Cream e Losthopes na Fábrica, e Annie Hall e Burgas Beat na Iguana. No Teatro Ensalle, o rock experimental de Es un árbol, e Post no Manteca jazz.

Se baixamos á Guarda, o Escarabajo acolle a Primer Grado e Supa Scoopa o venres. O Bar Liceum do Porriño acolle a El Chivi un día antes de que marche para San Sadurniño, o venres ás once. E imos agora a Ourense: no Rock Club, death metal para a noite do sábado cos macedaos Bruyah, El Cubo e Scent of Death este sábado. E chegamos a Lugo: a Sala Mogay, en Chantada, acolle este sábado a actuación dos Lactantes.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: