A última Enquisa de Poboación Activa (EPA) revela que a taxa de paro en Galiza sitúase nun 7,28% e a media estatal está en 8,15. Os datos de ocupación, correspondentes ao terceiro trimestre de 2006, son os mellores dende 1979. No noso país o número de parados queda fixado en 93.500. Aínda así, sindicatos como a UXT recorda que a taxa de temporalidade só baixou 1,2 puntos con respecto ao ano anterior e que segue a ser das máis altas do estado. Dende o Goberno central cualifican os datos xerais de "excelentes".