Algo mudou entre os internautas galegos. A mesma énfase que hai un ano e medio se empregaba para celebrar as regalías do blogmillo serve agora para asinar a súa acta de defunción. O escritor e xornalista dixital Xabier Cid estaba alí cando a cousa marchaba, defendendo que nos blogs se facía literatura de seu, e o está agora, pero para outra cousa. "O blogmillo, como comunidade, desapareceu. A ninguén lle importa xa o que se fai no blog do lado", argumenta. No canal Tempos Novos poden ler extracto da entrevista que lle fai Iago Martínez e tamén da reportaxe A ler a outra parte, sobre blogs e literatura.