As mariscadoras que traballan na ría coruñesa do Burgo están fartas dos furtivos. Por iso decidiron cortar a principal vía de acceso á cidade herculina: a ponte da Pasaxe. Á protesta acudiron ducias de mulleres que querían chamar a atención sobre o problema que sofren. As profesionais consideran que a Consellaría de Pesca "non reacciona". As mariscadoras aseguran que ducias de furtivos esquilman a diario, dende hai anos, a ría. Moitos deles son nenos que viven nas chabolas da zona.