Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESCUSA ANTITERRORISTA

O goberno británico recoméndalles ás universidades que "espíen" os estudantes musulmáns

Na preocupación de que seica os centros universitarios e de estudos superiores do Reino Unido poidan darlle acubillo a potenciais ou presuntos terroristas, o ministerio de Educación do goberno Blair preparou un documento para o envío ás direccións das institucións onde lles pide colaboración para que personal e profesorado faga seguemento estreito da actividade dos seus alumnos musulmáns que sexan "sospeitosos" de apoiar o terrorismo ou estremismo islámico. A saída ao público dese plan, revelado polo xornal The Guardian, que amplía información este martes, abriu nova polémica no país, nun momento onde segue de actualidade o proceso contra as autoridades policiais polo asasinato do mozo brasileiro Jean Charles de Menezes, exemplo estremo dos excesos antiterorristas. Desde a Federación de Sociedades de Estudantes Islámicos do Reino Unido quéixanse de que o proxecto "semella tratar a todos como culpábeis até que se demostre a súa inocencia".

  • Anterior: O FBI interrroga na escola a unha rapaza que criticou a Bush nun foro electrónico

- 05:58 17/10/2006
Tags:


0/5 (0 votos)