O anuncio dunha reunión do grupo de ceiba-libros Bookcrossing Lugo, as reflexións do futuro politólogo Diego Pena Luaces, unha cantiga retranqueira que zoupa nun concelleiro, unha chamada a que os partidos políticos no canto de núcleos de poder sexan "unha aira onde todos puideran participar" ou simplemente un subliñado: "Lugo, cidade maravillosa". Velaí algúns dos artigos que agora mesmo están en portada da web Cadernos de Lugo, que en cinco meses sumou medio cento de bitácoras fornecidas e algo máis de tres milleiros de visitas.