Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
ARTIGO PUBLICADO NA REVISTA 'L'ESCLETXA'

Espazo Galego: compromiso coa sociedade e a lingua catalás

Espazo Galego dos Països Catalans naceu o ano 2005 froito dun proceso iniciado o mes de abril cunha xornada de reflexión na cal os participantes debateron a posibilidade de constituír una nova organización política, social i cultural. Entre os obxectivos debatidos estaban o "compromiso social e político" e "a integración colectiva en Catalunya". Por Espazo Galego.

- 11:56 15/10/2006
Tags:

Aberto o proceso asembleario para a constitución da nova organización, entre os principios ideolóxicos que se aprobaron destacamos a "participación no contexto social, cultural e político catalán e a interacción cos colectivos e movementos sociais do ámbito do Països Catalans", fomentando "a súa lingua e manifestacións culturais". Estes obxectivos teñen a súa orixe na nosa consideración coma cidadáns cataláns con identidade galega.

Así mesmo, o noso posicionamento en relación ao catalán vese reforzado pola condición deste coma lingua de comunicación social histórica dos Països Catalans e tamén pola constatación de que a realidade social catalá de hoxe é multilingüe. Para nós o catalán debería ser a lingua que permita que os diferentes referentes cultural-identitarios que conviven nos Països Catalans podan comunicarse entre eles. Esta comunicación devén imprescindíbel e pode actuar coma elemento dinamizador na reivindicación de novos dereitos políticos, sociais e culturais -independentemente de lugar de orixe, da temporalidade, as motivacións do desprazamento ou da condición de emigrante ou non-. Coa defensa do catalán tamén contribuímos na defensa doutras linguas minorizadas, no noso caso, o galego.

É, neste marco, onde se inscribe a actividade de Espazo Galego na defensa do catalán. Coa implicación no proceso de reforma do Estatut de Catalunya, dentro de la Plataforma "Pel dret de decidir". Coa participación na campaña de Acollida lingüística promovida pola Plataforma per la Llengua. Coa presenza na "Mostra d’Entitats dels Països Catalans", participando de maneira activa na Diada Nacional de Catalunya ou nas sucesivas edicións do "Correllengua". Tamén co uso cotián do catalán en todas as nosas actividades, manifestos, notas e artigos de prensa, entre moitos outros exemplos. E, finalmente, transmitindo á sociedade de orixe (Galiza) a realidade política, social e cultural dos Països Catalans.

{Artigo publicado na revista 'L'Escletxa' número 12, outono de 2006, e vertido ao galego}


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: