O 'Cuarteto Quiroga' foi galardoado co Premio Espacial de Xurado 'Dr. Glatt' no Concurso Internacional de Xenebra, un dos máis prestixiosos no mundo da música clásica. Este novo recoñecemento súmase ao palmarés do cuarteto, entre os que se contan o Segundo Premio no Concurso Internacional "Musiques d'Ensemble" de París, no 2006, ou o Primeiro Premio e Medalla de Ouro do Primer Palau 2005 celebrado no Palau de la Música Catalana.
O galardón, obtido o pasado 8 de outubro na Suíza, con mención á mellor interpretación da estrea de encargo (N. Bolens, Cuarteto n .2), supón un novo recoñecemento internacional para a traxectoria do Cuarteto Quiroga, que xa obtiveran fóra de península co premio acadado en maio deste ano no Musiques d'Ensemble francés, competindo con outros 28 grupos de 13 países europeos. Entre os loureiros do grupo, tamén está o Primeiro Premio do Concurso de Música de Cámara de Manresa, obtido en febreiro do 2006.
Entre anteriores laureados do concurso de Concurso Internacional de Xenebra
atópanse nomes hoxe consagrados e xa lendarios, como o Cuarteto Melos,
Martha Argerich, Maurizio Pollini, Cuarteto Vegh, Victoria de los Angeles e
Frans Helmerson.
Segundo os compoñentes do Cuarteto, este recoñecemento tamén supón "devolver o nome de Manuel Quiroga ao mundo da interpretación internacional, volvendo a estar presente en circuítos e salas de moita relevancia".