Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CHINA REXEITA "FIRMEMENTE" CALQUERA MEDIDA MILITAR CONTRA O PAÍS

A comunidade internacional prepara fortes sancións para Corea do Norte

O Consello de Seguridade das Nacións Unidas está a considerar aplicar severas sancións e un illamento a Corea do Norte logo de que este luns o país asiático realizase o seu primeiro ensaio nuclear. O borrador da resolución propón sancións financeiras e comerciais así como o peche de portos e aeroportos estranxeiros ao transporte de orixe norcoreano. Desde Corea do Sur, o embaixador dos Estados Unidos no país, afirmou que o ensaio dificulta que se celebren conversación directas entre Washington e Pyongyang, tal e como reclama o goberno norcoreano. Pola súa parte, o Ministro chino de Asuntos Exteriores sinalou que é "firmemente contrario" á adopción de medidas militares contra Corea do Norte.

- 09:57 10/10/2006
Tags:

"Estamos traballando nun conxunto de medidas que realmente fará aos norcoreanos arrepentirse do que fixeron". Son palabras de Christopher Hill, alto funcionario do goberno dos Estados Unidos que aseguro que as medidas van ser o suficientemente severas para obrigar a Pyongyang a retomar as negociacións.

A resolución das Nacións Unidas propón a imposición de fortes sancións ao goberno norcoreano tales como sancións económicas, financeiras e diplomáticas, ademais dun embargo da ONU sobre calquera ben o material que puidese ser usado por Corea no Norte nos seus programas nucleares. Pídese tamén un embargo de armas total, prohibicións contra calquera transacción financeira que axude as actividades nucleares, e a conxelación dos activos relacionados cos programas de armas do país.

Xapón tamén propón na resolución que ningún país permita que barcos ou avións norcoreanos atraquen ou aterren no seu territorio así como a imposición de restricións nos viaxes dos altos funcionarios norcoreanos.

Conversacións improbábeis
Alexander Vershbow, embaixador de Estados Unidos en Corea do Sur, sinalou que o ensaio nuclear realizado por Corea dificulta a posibilidade de celebrar conversacións directas entre Washington e Pyongyan, tal e como reclama o goberno norcoreano. O embaixador asegura que a celebración da proba nuclear revela que Corea do Norte non está interesada nas propostas norteamericanas.

China, en contra dunha intervención militar
Pola súa parte, o Ministerio chino de Asuntos Exteriores, advertiu que é "firmemente contrario" a unha hipotética intervención militar contra o país. Segundo o portavoz do Ministerio, Liu Jianchao, "non apoiamos ningunha acción militar contra Corea do Norte, estamos firmemente en contra" e engadiu que "a adopción de accións militares contra Corea do Norte é inimaxinábel".


Ligazóns

0/5 (0 votos)