Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONFIRMA O DESENVOLVEMENTO DE ARMAS ATÓMICAS

Corea do Norte realiza a súa primeira proba nuclear

"O test nuclear foi realizado ao 100% co noso coñecemento e a nosa tecnoloxía", recolle o comunicado difundido pola axencia norcoreana de noticias, KCNA. Desde Corea do Sur, onde o goberno puxo en alerta as súas tropas, confirmaron a detección dun movemento sísmico de preto de catro graos na escala Richter cara ás 3h36, hora galega. Segundo os primeiros datos, o goberno de Corea do Norte tería avisado ao executivo chinés en Beixín da proba atómica vinte minutos antes da súa realización. Con este paso, Corea do Norte pasa a ser o quinto país da área asiática que dispón de armamento atómico e desafiou cun ensaio aos seus veciños, despois de que ao longo das décadas pasadas o fixesen Rusia, China, a India e Paquistán. A proba coincide co noveno aniversario da chegada ao poder de Kim Ion-il e na semana da conmemoración da fundación do partido comunista norcoreano.

- 05:23 09/10/2006
Tags:


0/5 (0 votos)