Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
OFERTA DE BANDA LARGA AOS FOGARES

A fibra óptica foi sometida a debate en Santiago

Varios expertos sobre telecomunicacións reuníronse este martes en Santiago para falaren das posibilidades da fibra óptica como canle para a transmisión de datos ata os fogares ou FTTH (Fiber To The Home). Entre outras conclusións, o seminario destacou, en primeiro lugar, esta solución como a idónea para levar a tan solicitada banda ancha aos fogares, "xa que conta coa capacidade necesaria para soportar os novos servizos propios da Sociedade da Información", tales como o de e-Administración, streaming, televisión dixital ou teleformación, segundo acordaron os asistentes.

- 09:33 27/09/2006
Tags:

A xornada estivo organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galiza (COETG) e contou coa asistencia de distintos profesionais do sector das telecomunicacións e novas tecnoloxías entre os que se atoparon o conselleiro da Comisión de Mercado de Telecomunicaciones (CMT), Antoni Elías Fusté, o subdirector de Relacións Externas da ETS de enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Juan Carlos Burguillos Rial e o xerente de Enxeñería e Deseño dentro da División de Rede de R, Cable e Telecomunicacións Galiza, Ignacio Penedo Nieto, que afondou nas experiencias de R en achegar a fibra ao fogar.

Por outro lado, os ponentes e membros de COETG falaron sobre o "papel clave" das corporacións locais no despregue deste tipo de solucións de trasmisión de datos ata os fogares a través da fibra óptica. Na opinión dos expertos, estes axentes locais serían figuras demandantes, catalizadoras e dinamizadoras do despregue deste tipo de infraestructuras, ademais da prestación de servizos aos seus cidadáns e ás empresas colaboradoras.

Finalmente, os asistentes a esta primeira xornada comentaron as posibilidades da fibra óptica como sistema de transmisión e destacaron o papel dos enxeñeiros de telecomunicación na integración dos servizos e/ou a asesoría a diversas entidades na xestión e operación destes novos activos, así como na definición de estratexias, "creando unha nova oportunidade de negocio para os profesionais das telecomunicacións" emprendedores e libre-actuadores, ademais de como asesores necesarios en materia de FTTH tamén á hora de colaborar coas empresas prestadoras de servizos.


0/5 (0 votos)