Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barbanza

Edición xestionada por Adolfo Muíños
RSS de Barbanza
O GOBERNO MUNICIPAL ESTUDA CONSENSUAR UNHA NOVA ORDENANZA

O Movemento polos Dereitos Civís pide ao Concello de Boiro que non instale cámaras de vixilancia

A intención do consistorio boirense de instalar cámaras de videovixilancia para controlar as zonas da movida ven de suscitar o rexeitamento do Movemento polos Dereitos Civís (MpDC). Esta era unha das medidas estudadas polo equipo de goberno de Boiro para atallar os actos vandálicos e o barullo que impide o descanso dos boirenses sobre todo nas fins de semana. Tamén manexa elaborar unha ordenanza máis dura no que atinxe á limitación de música nos locais, o consumo exterior de bebidas e incluso a posíbel declaración de zonas saturadas. Un borrador desta normativa fora entregado aos hostaleiros e membros da Plataforma Convivencia, unha iniciativa cidadá, con vistas a consensuar as accións e realizar. O MpDC propón outro tipo de campañas explicativas e divulgativas sobre a contaminación acústica, sobre o lixo nas rúas e demáis problemas derivados das saídas nocturnas. Serán abondo para facer fronte á problemática de Boiro?

- 09:21 28/09/2006
Tags:

O MpDC defende que debe primar sempre o dereito fundamental ao honor, á intimidade e á propia imaxe, e para garantir o mesmo, debe darse puntual cumprimento aos trámites e requisitos da Lei Orgánica 4/1997, do 4 de agosto para a instalación de cámaras de videovixilancia. A asociación considera que a instalación de cámaras co único fin de intimidar a quen está pola noite de copas para que teña un comportamento civilizado non entra nos fins previstos desta lexislación.

Mentres o executivo tenta poñer de acordo ás partes afectadas sobre as medidas máis eficaces a tomar, partindo tamén das experiencias doutros lugares.

Unhas declaracións posteriores do concelleiro de Seguridade Cidadá, Xoán León, apuntan porén, ao enfriamento desta medida, sinalando que se trataba só unha das baralladas e que podería non aplicarse finalmente.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: