Preto de medio cento de concellos presentaron alegacións aos estatutos do consorcio de servizos sociais promovido pola vicepresidencia da Xunta, que coinciden entre si e á vez co documento elaborado pola secretaría de Organización do PP coruñés. O propio presidente dos populares coruñeses, Juan Juncal, recoñecía este xoves as recomendacións aos concellos gobernados polo PPdeG para coordinar resposta contra unha proposta que segundo el "nesas condicións non se debe asinar", acusando ao executivo de tentar "forzar a a aprobalo como fose". Ao respecto falou o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, laiándose da actitude dos populares e afirmando que desa estratexia "é coñecedor e instigador o seu propio presidente, o señor Feijoo".