Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Ocultación de Marte

O domingo 12 de decembro  a Lúa ocultará a Marte, un fenómeno astronómico que non ocorre dende xullo de 1989. Os tempos precisos das ocultacións axudan ó coñecemento da órbita da Lúa. Segundo unha simulación por ordenador feita por Cándido Dacosta, a ocultación comezará contra as 19:11 TU que son as 20:11 hora galega.

- 16:56 11/12/1999
Tags:

O día 12, e se o tempo o permite, poderemos ve-la ocultación de Marte pola Lúa. Este fenómeno non ocorre dende xullo de 1989. Segundo unha simulación por ordenador feita por Cándido Dacosta, a ocultación comezará contra as 19:11 TU que son as 20:11 hora galega.Máis tarde, contra as 21:28, tamén hora galega, Marte reaparecerá por detrás do noso satélite. Aínda que a ocultación do planeta vermello pódese ver sen instrumentos ópticos, cuns prismáticos 7 x 50 ou
10 x 50   poderemos ver tamén a Urano (a 1,4º ó nordés). Podemos atopar máis información en IOTA e na Tribuna de Astronomía y Universo.
Ademais, o vindeiro martes, o planeta vermello pasará só a 39' ó sur de Urano. Será unha boa oportunidade para velos xuntos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: