Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESPOIS DE QUE BUSH ADMITIRA A EXISTENCIA DE PRISIÓNS CLANDESTINAS

A UE quere saber onde están os cárceres secretos

"Se fora posíbel convidaría ao presidente George W.Bush a comparecer diante da comisión, xa que é agora a mellor testemuña sobre a existencia dos cárceres secretos da CIA", así ironizaba este xoves o eurodeputado socialista italiano Claudio Fava sobre o recoñecemento do presidente estadounidense da existencia desas prisións ilegais. A Comisión Europea insistiu na necesidade da "máxima colaboración" dos estados membros para aclarar o acontecido, aínda que non se aclarou nada sobre as posíbeis sancións a os países implicados, que segundo as acusacións de asociacións humanitarias, serían entre outros Polonia e Romanía. "Estes métodos fan a longo prazo que o mundo sexa máis inseguro", advertiu René van der Linden, presidente da Asemblea do Consello de Europa. Mentres, o suízo Dick Marty, que liderou a investigación da UE sobre este tema, opinou que o revelado por Bush "é só unha pequena parte da verdade".

- 06:08 08/09/2006
Tags:


0/5 (0 votos)