Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A programación cultural do Xacobeo, un luxo

Galicia acollerá durante o Ano Santo máis de 1.200 actos culturais que tentarán atraer a todo tipo de público, dos cales a maior parte terán lugar en Santiago. A Compostela chegarán os míticos Rolling Stones, Los Suaves e José María Cano, ademais dun milleiro de diferentes exposicións e acontecementos culturais.

- 09:36 19/02/1999
Tags:

Si, é certo. En Santiago estarán os Rolling o 23 de xuño, xunto con Los Suaves, e uns días máis tarde, José María Cano, o 25 de xuño. En Vigo terán a REM o 19 do mesmo mes, e a Rosana e Alejandro Sanz o 6 de agosto. Elton John estará en Pontevedra o 10 de xullo e B.B. King en Lugo o 14, mentres que Moffats, estarán na Coruña o 29 de xullo.

Asemade, a Consellería de Cultura vai presentar catro tomos sobre a programación do Xacobeo: "Galicia, un tempo único" dá a coñecer as exposiciones, congresos e estudios que se van levar a cabo: "Galicia. Camiño de Comunicación"; "Galicia a escena. Música, teatro e danza" e "Galicia Xacobea. A revitalización dos Camiños de Santiago". Vai haber, nin máis nin menos, 105 exposición que van percorrer Galicia, o Estado español e América.

O programa inclúe espectáculos audiovisuais e concertos nos diferentes camiños: 31 concertos dentro do primeiro Festival de Música Clásica de Galicia, ademais dos 900 actos do programa cultural "Galicia nos sentidos" que abranguen a música tradicional, a danza e o teatro.

Por outra banda, fóra de Galicia poderánse contemplar as exposicións "Testemuños xacobeos", "Lisboa-Santiago. A espiritualidade e a peregrinación xacobeas" e tamén "Porto-Santiago" e "Xacobeo 99". Tamén hai programados un gran número de congresos, encontrose reunións que debatirán sobre o Xacobeo, Ano Santo, a ciencia e as novas tecnoloxías, así coma foros adicados á economía e á sociedade.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: