Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REFERENTE DO NACIONALISMO NA CIDADE DAS BURGAS DURANTE ANOS

Morre o ex conselleiro ourensán Xosé Henrique Rodríguez Peña

"Foi un home con grande nómina de amigos. O nacionalismo débelle moitas cotas de representación", lembraba esta fin de semana o vicepresidente da Xunta e voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, sobre Xosé Henrique Rodríguez Peña, quen liderou o nacionalismo en Ourense durante anos e estivo ás portas da alcaldía en 1999, convertendo o BNG en segunda forza na cidade. "Serviu a Ourense co corazón e con intelixencia", comentou o actual alcalde, o popular Manuel Cabezas. Vencellado no seu momento a Coalición Galega, e ao Partido Nacionalista Galego, integrado despois no BNG, e conselleiro de Pesca no goberno tripartito entre 1987 e 1989, Rodríguez Peña faleceu este domingo nunha clínica viguesa, e o seu funeral será celebrado este luns en Ourense. Cumpriría 64 anos o próximo outubro.

- 13:15 14/08/2006
Tags:


5/5 (1 votos)