O concello de Ortigueira está a celebrar estes días o V Torneo Aberto Internacional de Xadrez. Desde o pasado sábado e ata o vindeiro 21 de agosto este torneo achegará ata a vila a algúns dos máis destacados xadrecistas . En total, 60 xogadores, entre os que figuran catro grandes mestres: serbio Strikovic, o búlgaro Vladimir Dimitrox, o arxentino Alejandro Hoffman e o usbeco nacionalizado español Ibragim Khamrakulov. O torneo contará coa presenza dos campións xuvenís galegos Manuel Pena e Pablo Fernández.
A competición encádrase dentro do circuito galego de torneos abertos, onde se inclúen outros campionatos como os de Sanxenxo, Ourense, Ferrol, Vilagarcía, Cambados ou Mondariz. Dispútanse un total de nove roldas no claustro do concello de Ortigueira, unha partida por día desde as 16:30 horas, excepto a novena rolda que se xogará en horario de mañá. En total, repartiranse 7.000 euros en premios.
O concello de Oleiros conta con tres equipos de xadrez federados, con máis de trinta xogadores. Neste torneo participarán dezaoito xadrecistas da Escola Municipal de Xadrez da Sociedade Nuevo Club. O sábado 19 Pablo Fernández, campión galego sub16, dirixirá unha sesión de partidas lóstrego.