Logo de máis de nove horas de travesía, o nadador discapacitado Pablo Cimadevila viuse este mércores na obriga de abandonar definitivamente a súa tentativa de cruzar a nado o Canal da Mancha. A proba desenvolvíase con normalidade ata que o observer da asociación (equivalente a un xuíz dunha competición) informou ao adestrador do nadador do cambio de mareas que se estaba producindo o cal impediríalle ao nadador avanzar frontalmente. Aínda que segundo Cimadevila "houbese podido seguir catro ou cinco horas máis", este esforzo non sería suficiente para chegar á costa francesa.
Malia isto, as sensacións foron boas e tanto o piloto do barco como Miguel López, o adestrador do pontevedrés aseguraron que cunha marea a favor o houbese logrado. Cimadevila agradeceu o apoio recibido polos medios e deixou entrever que despois dos xogos de Pequín "quen sabe" se o volverá a tentar.
Anterior: A forte ondada impide a Cimadevila cruzar a nado o Canal da Mancha