Os oito disparos que a policía realizou sobre o electricista brasileiro Jean-Charles de Menezes, causando a morte do mozo cando viaxaba sentado no metro londinense, son un evidente exemplo dos excesos promovidos polos gobernos na inercia da chamada loita antiterrorista. O ministerio de Relacións Exteriores do Brasil vén de facer unha queixa oficial pola decisión da fiscalía británica de non acusar individualmente aos axentes que participaron no asasinato. Contámoslles no Canal Lusofonía, onde tamén poden ampliar sobre a cimeira da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.