Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barbanza

Edición xestionada por Adolfo Muíños
RSS de Barbanza
OS VECIÑOS NON COÑECÍAN A PROPOSTA DA XUNTA

Medra o descontento no Son polo traslado da piscifactoría de Corrubedo a Baroña

O conflito pola instalación da granxa de peixes de Stolt Sea Farm en Corrubedo semellaba ficar desactivado ao propoñerlle a Xunta de Galiza a ubicación na Costa Galloufa, nova da que deixou constancia o propio Presidente Touriño. O proxecto inastalariase nunha zona comprendida entre Abuín e Baroña, no concello de Porto do Son, supostamente afastado visualmente desde o castro. Porén comezan a aparecer as primeiras manifestacións contrarias no concello sonense, das que foi testemuña o propio Alcalde Quintáns (PSOE) nunha xuntanza con veciños, da que dá conta o xornal El Correo Gallego. De entrada a proposta non contou co coñecemento dos donos dos terreos da parroquia de Baroña aos que lles mentou a posibilidade de seren expropiados por non vender voluntariamente.

- 07:06 20/07/2006
Tags:

Os veciños queren coñecer a opinión da asociación ecoloxista Adega que, nunhas primeiras manifestacións realizadas desde a prudencia de non coñeceren o proxecto concreto que se pretende realizar, sí manifestan que as piscifactorías deben ser dimensionadas e respostar ás características do medio natural onde se ubican, e os douscentos mil metros pretendidos poden ser a priori excesivos e teren un custe medioambiental inasumíbel. En próximas datas manterán diversos contactos cos colectivos veciñais e políticos de Porto do Son para fixar a súa posición perante esta explotación acuícola.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: