Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEDIO AMBIENTE INICIA OS TRÁMITES

A illa de Cortegada será publica a través dunha expropiación forzosa

"O actual carácter privado desta illa impide garantir a conservación e protección dos seus hábitats naturais". Así o argumentan desde a consellaría de Medio Ambiente, que logo de intentar a negociación coa inmobiliaria propietaria do lugar, decide agora iniciar o proceso de expropiación que fará da Cortegada "patrimonio de todos os galegos", co obxectivo de "garantir a súa conservación e salvagardar o seu rico e importante patrimonio natural". Trátase do máis pequeno dos arquipélagos que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas, e intégrano catro illotes: Malveira Grande, Malveira Chica, Briñas e Con, cunha superficie terrestre total de 43.8 hectáreas. Dos seus valores naturais destaca o seu bosque de loureiro, a diversidade de fungos, con máis de 45 especies únicas en Galiza, e as numerosas aves que se moven no contorno mariño.

- 07:02 17/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)