Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A OITAVA CLASIFICADA A NIVEL ESTATAL SEGUNDO O INFORME DO "CIBERPAÍS"

Compostela entra na lista das mellores webs municipais

Só unha ducia de webs de concellos cumpren en todo o Estado cos mínimos de accesibilidade esixidos pola nova lexislación sobre as páxinas en internet das administracións públicas. Entre elas aparece a de Santiago de Compostela. Non é o único valor destacábel da web municipal santiaguesa, que no estudo que anualmente realiza o xornal El País, o único que fai comparativa periódica neste eido, sobe até a 8ª posición. Ben posicionadas aparecen tamén as do Concello de Vigo, no posto 11º, e o da Coruña, no posto 12º. Máis atrás están Lugo, 69º, e preto de seren pechacancelas as webs de Pontevedra, 90ª clasificada, e Ourense, penúltima, na 92ª posición.

  • Anterior: Vigo, referencia atlántica do e-goberno

- 07:30 13/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)