Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GALIZA COORDINARÁ A PARTICIPACIÓN DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Quenda galega no consello de ministros da Unión Europea

En calidade de conselleiros de Pesca, Enrique López Veiga e Carme Gallego xa iniciaran a participación galega nos consellos de ministros da Unión Europea, aínda que nunha representación máis simbólica que a que agora terán os representantes da Xunta. Xa que logo, deica final de ano, Galiza asumirá por vez primeira a coordinación da participación autonómica en dous consellos de ministros da Unión Europea. O vicepresidente Anxo Quintana, e os conselleiros de Traballo e Industria, levarán a voz galega a ese foro.

- 06:59 12/07/2006
Tags:

Anxo Quintana será o primeiro en intervir nun consello de ministros da UE, os próximos 13 e 14 de novembro. Os seguintes 31 de novembro e 1 de decembro estarán o propio Quintana e os conselleiros de Traballo, Ricardo Varela, e de Industria e Innovación, Fernando Blanco.

Segundo explicaron este martes o secretario xeral de Relacións Exteriores, Santiago Gómez-Reino, e o subdirector xeral de Relacións coa Unión Europea, Manuel Morán, isto será posíbel porque a Galiza correspondeulle, ao fío dos acordos nas conferencias sectoriais, a coordinación a nivel estatal das áreas de Xuventude, Emprego e Política Social e Consumo. O desafío inclúe a definición dunha posición conxunta non só a nivel de todas as comunidades autónomas senón tamén xunto co goberno español, de xeito que o Estado defenda no foro europeo unha postura común e o máis próxima posíbel aos intereses de todas as comunidades.


Ligazóns

0/5 (0 votos)