Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[Básquet][Selección Galega]

A selección galega gaña o enfrontamento de veteranas

A selección galega de veteranas acadou a vitoria fronte a selección española por 52-46. Concepción Cerqueira foi a estrela dun partido no que o combinado galego foi a remolque no marcador ata ben entrado o derradeiro cuarto. O equipo de Victor Varela soubo aproveitar a superioridade física para remontar nos intres finais do encontro. O partido deixou bonitas imaxes, reencontros e moito humor sobre a cancha do Pavillón das Travesas de Vigo.

- 12:39 30/06/2006
Tags:

Unha espectacular actuación de Concepción "Peque" Cerqueira fixo que a selección galega de veteranas acadase a vitoria no seu enfrontamento coa selección española. A ex do Cajasur esnaquizou a defensa española e anotou tanto debaixo dos aros como desde a liña de triplas. Porén, Cerqueira non foi a única que completou unha magnífica actuación. Rosario Sureda, non fallou desde a media distancia, Benicia Blanco levou a batuta do encontro e demostrou que aínda non perdeu a forma e Angeles Liborio apareceu para anotar nos intres máis importantes do encontro.

Pola súa banda, o equipo estatal comezou moi ben o encontro. O seu principal recurso foron os balóns altos a Betty Cebrian que baixo o aro non tivo rival. Porén, a medida que ía pasando o tempo, o equipo galego foi reducindo a vantaxe inicial das españolas poñéndose por primeira vez por diante no marcador a falta de só dous minutos para o final do encontro.

O partido deixou bonitas detalles como as miradas de complicidade cos fillas e fillas nos tempos mortos ou o compañeirismo e bo humor que reinou durante todo o encontro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: