A selección galega de básquet superou a Xapón no partido desputado este mércores no Pavillón Municipal de Lugo, con resultado final de 63-58. Porén, o electrónico non reflectiu á clara superioridade do equipo galego que foi por díante no marcador durante todo o encontro. Tanto os xogadores como o adestrador, Quino Salvo, agradeceron o gran ambiente que se viviu no cancha lucense. Os máis de dous mil espectadores que encheron o Pavillón Municipal non deixaron de animar en nigún momento e vibraron coas canastas que fixeron que a selección galega de básquet conte xa cunha vitoria no seu palmarés. Toda a información na canle GZ deportiva.