Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
O PP PIDE MEDIDAS CONTRA "AS AGRESIÓNS GALEGAS"

O goberno asturiano rexeita axudas á lingua para as zonas galegofalantes

"Diluír fronteiras" foi lema co que os representantes políticos dos gobernos de Asturias e Galiza quixeron poñerlle fin ao cumio que o pasado mes de xaneiro xuntou a conselleiros e presidentes das dúas administracións. Con todo, cara a esa práctica non axudará a decisión do executivo asturiano de pecharlle o paso a calquera proxecto para que a lingua galega poida estudarse nas escolas das comarcas do Occidente astur.

- 09:43 22/06/2006
Tags:

"Nin houbo nin haberá ningún contacto, nin se asinará ningún convenio con este obxetivo. E moito menos no sentido que desde Galiza propoñen". Así de belixerante cara ás propostas de colaboración cultural galegas se amosan desde o departamento de Cultura do goberno de Asturias, segundo recolle esta semana o xornal El Comercio, recoñecendo que si houbo contactos informais entre a Oficina de Política Lingüística do Principado e a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, coa proposta galega na mesa para que nas zonas galegofalantes se lle garantise o acceso na escola aos rapaces cando menos á materia de Lingua Galega.

Desde o PP aproveitan este novo episodio da polémica lingüística en primeiro plano, para esixirlle ao goberno asturiano, coalición de PSOE con IU, que poña fin "ás continuas agresións de Galiza cara a esta comarca asturiana" e "defenda o seu territorio". Os deputados populares da zona que sentan no Parlamento da comunidade, consideran que as iniciativas da Xunta de Galiza para promover o uso do galego no Eo-Navia "son a proba da marxinación á que o goberno rexional somete a esta comarca desde hai sete anos".

Ao fío, La Nueva España faise eco da volta á actualidade do Congreso da proposta de lei, rexeitada o pasado mes de marzo, que inclúe a proposta de que o galego sexa oficial no occidente de Asturias. PSOE e PP bloquearan daquela esa iniciativa, apoiada unanimemente polo resto de partidos. O proxecto estaba impulsado por ERC, formación que integra a coalición Europa dos Pobos á beira de Andecha Astur, partido co que acordou modificar esa proposta lexislativa, mudando o texto que di "territorios galegofalantes da franxa occidental de Asturias e a zona noroccidental de Castela e León", pola frase "aqueles territorios onde se fala galego".


Ligazóns

1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: