64 persoas perderon a vida e outras 39 resultaron feridas logo da explosión dunha mina ao paso dun autobús de pasaxeiros este xoves en Sri Lanka. O Goberno srilankés atribúe o atentado á guerrilla dos separatistas tamís, que negou a súa autoría e condenou a crime. "Non temos ningunha dúbida de que é obra dos Tigres para a Liberación do Eelam Tamil" asegurou o portavoz militar Prasad Samarsinghe. Pouco despois de producirse o atentado, aviones de Sri Lanka bombardearon posicións dos separatistas, segundo o grupo rebelde, nunha aparente vinganza.