Xornadas de traballo de até 15 horas diarias e salarios de apenas 40 euros, son evidencia das malas condicións que sofren as empregadas, maioría mulleres, das factorías chinesas onde se constrúen os exitosos reprodutores multimedia de Apple, os iPod. Un xornal inglés realizou unha investigación ao respecto, titulada "Na cidade iPod", atopando os défices laborais que sofren os contratados, tendo incluso que devolveren a metade do salario a cambio de aloxamento e comida en galpóns a pé das fábricas da empresa á que Apple lle subcontrata a ensamblaxe dos trebellos. Máis información en MacWorld.