Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
A INSTITUCIÓ DE LES LLETRES CATALANES PÚBLICA AS AXUDAS PARA ACTIVIDADES LITERARIAS

Fina Iglesias verterá ao catalán "Males de cabeza", de Fran Alonso

A obra de Fran Alonso Males de Cabeza vai ser traducida ao catalán por Fina Iglesias, da man das axudas que concede a Institució de les Lletres Catalanes a persoas e institucións sen animo de lucro, na modalidade de tradución ao catalán de obras literarias noutras linguas. Tamén se concederon axudas para traducir obras doutras literaturas, como as dos portugueses Nuno Júdice e Sophia de Mello.

Redacción - 18:07 03/06/2006
Fran Alonso

Fran Alonso

As axudas fixéronse públicas onte nun acto oficial celebrado no Palau Moja de Barcelona, que contou coa presenza do Conseller de Cultura, Ferran Mascarell, e mais o Director da Institució de les Lletres Catalanes, Jaume Subirana. A institución subvenciona a realización de actividades literarias a persoas e institucións sen animo de lucro, en varias modalidades, entre as cales están as propostas de creación literaria en lingua catalá, a creación ou renovación de páxinas web sobre literatura catalá e a tradución ao catalán de obras literarias noutras linguas.

O proxecto de tradución ao catalán da obra de Fran Alonso concedido a Fina Iglesias, que levará o título de Mals de Cap, estará rematado antes de novembro deste ano e conta co compromiso de publicación da editorial El Cep i la Nansa.

Entre as axudas concedidas á tradución hai obras da literatura portuguesa. Concretamente, verteranse ao catalán unha Antologia de poemes de Nuno Júdice, a cargo de Jordi Ardanuy, e tamén un proxecto de M. Montserrat Guàrdia que levará o título El món clàssic de Sophia de Mello de Breyner Andersen, a partir da obra da poeta portuguesa.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: