Vimos de coñecer un novo estudo sobre os hábitos de navegación dos internautas europeos segundo o cal a porcentaxe de usuarios que usan o Firefox sitúase xa no contorno do 20%. Segundo os datos de XiTi Monitor, que analizou durante unha semana un conxunto de webs que recibiron nese período un total superior aos 268 millóns de visitas, Eslovenia e Finlandia son os que máis usan o navegador da Fundación Mozilla, mentres que España e Andorra aparecen como pechancelas no nivel de intrudución da alternativa ao Explorer. A nivel mundial Europa lidera a clasificación, cunha porcentaxe de penetración do raposo do 19.4%, seguida por Oceanía, co 18.4% e Norteamérica, co 15.6%.