Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O ÚLTIMO ÉXITO E-MUSICAL GALAICO

Edilberto Alonso: coas "alforxas cargadas de morriña" da nación

"O obxetivo non son nin a gloria nin a fama. O target, como dirían aquí, é que Galiza será nación chegue ás Galescolas e os nenos de hoxe aprendan a canción coa fin de fortalecer o espírito da súa terra", asegura Edilberto Alonso, trobeiro curtiense-irlandés descuberto polo blogmillo e candidato non-oficial para a Galiza eurovisiva. "Tamén puiden saber que en Madrid hai máis dun móbil con esa sintonía e non se apuran a contestar, coa fin de ir facendo patria", relata o autor da primeira oda musical a Anxo Quintana, prometendo buscar inspiración e adicarlle outra a Touriño para que non se cele. Non perdan a entrevista no blog Rabudo de Nacho Mirás Fole.

  • Oda a Anxo Quintana en mp3 dende Irlanda

- 15:21 29/05/2006
Tags:


0/5 (0 votos)