Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Publicación Murguía

RSS de Publicación Murguía
CANDO TEO ERA UNHA ILLA

Homenaxe aos presos na Illa de San Simón a través do documental Aillados

A Asociación A Oliveira para a recuperación da Memoria Histórica e defensa do Patrimonio Inmaterial de Teo ten previsto para o próximo sábado 27 de maio un novo acto no local da Sociedade de Agricultores e Gandeiros de Calo (Teo), a partir das 21,00 horas.

- 10:38 26/05/2006
Tags:

Baixo o título de: Cando Teo era unha illa, proxectarase o documental Aillados. Intervirá o seu director, Antonio Caeiro, como homenaxe aos presos que estiveron na illa de San Simón.

A Oliveira, que conta para este acto co apoio da Consellería de Cultura e Deporte dentro das actividades do Ano da Memoria, achégase ao que aconteceu na Illa de San Simón, onde o fascismo franquista estableceu un campo de concentración entre os anos 1936 e 1943, polo que pasaron 5000 persoas.

Encádrase este acto dentro das actividades de recuperación de memoria histórica que ven realizando a nosa asociación, e sentímolo na Oliveira como homenaxe a todas as vítimas da represión en San Simón e no resto do noso país.


5/5 (1 votos)