Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGUE A RIFA INTERNA NO GRUPO SARGADELOS

Apartan a Díaz Pardo da presidencia de Cerámicas do Castro

"O diñeiro é capaz de mercar a deus bendito", resumía Isaac Díaz Pardo para a Radio Galega a finais do ano pasado sobre a loita que se libra polo control do Grupo Sargadelos. Aos 86 anos, Díaz Pardo mantén unha batalla na empresa que contribuíra a fundar á beira de Luis Seoane e onde afirma defender o futuro da dimensión cultural do proxecto fronte á perspectiva fundamentalmente mercantil que na súa opinión impulsan outros socios. O último episodio produciuse esta semana, onde unha xunta de accionistas convocada por vía xudicial, deixouno en minoría fronte aos outros socios, que votaron mudar a presidencia de Cerámicas do Castro en favor do xestor da galería Sargadelos de Compostela, Xosé Luís Vázquez. O sector crítico con Díaz Pardo subliña a vontade de seguir o labor do fundador, adaptando a empresa aos novos tempos. Recomendámoslles ampliar en La Opinión.

  • Anteriores: Díaz Pardo disposto a vender a súa cota en Cerámicas do Castro pola "deslealdade" doutros socios
  • Entrevista no Canal Murguía con Díaz Pardo: "Galiza é unha nación, pero unha nación escarallada"

- 10:06 26/05/2006
Tags:


5/5 (1 votos)