O proceso de aproximación entre as dúas coreas recibira un pau esta semana logo de que Corea do Norte decidise unilateralmente a cancelación das probas previstas na liña ferroviaria entre os dous países, o que se pretendía fose un momento simbólico logo de máis de medio século de illamento. Con todo, Corea do Norte anunciou que acepta a chamada de Corea do Sur a abrir unha nova rolda de negociacións, de caracter fundamentalmente económico, aínda que pediu adiar as datas propostas, que inicialmente fixaban para comezos de xuño a primeira xuntanza.