Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ROMEU ASEGURA QUE SE EVITARÁN ASÍ CASOS COMA O DE LUGO

A Xunta agarda levar a lei de transparencia a deputacións e concellos

"Vaise estender a capacidade da cidadanía para coñecer onde vai a parar até o último euro, para coñecer que empresas son favorecidas, que entidades ou particulares e sobre todo, por que criterios", indicou o conselleiro de Presidencia ao tempo que a lei de transparencia iniciaba a súa tramitación parlamentaria. Na opinión de Xosé Luís Méndez Romeu, "con esta lexislación non será posíbel que ocorran episodios como os que temos visto en Lugo ou Marbella". Desde o PPdeG amosaron o seu rexeitamento a esta posibilidade dubidando da súa efectividade.

- 07:03 24/05/2006
Tags:

"Trátase dun anteproxecto de lei que pretende entrar no núcleo duro da vida política e regulamentar o comportamento ético dos gobernantes", afirmou o conselleiro de Presidencia explicando que a intención do goberno galego é que os preceptos desta lexislación se adapten ás diferentes administracións locais. Así, a Xunta proxecta que a próxima reforma da lei de rexime local de Galiz inclúa e adapte, coas especificidades requiridas, os preceptos establecidos pola lei de transparencia e boas prácticas.

"É unha lei de autolimitación voluntaria da capacidade de obrar do executivo, que se insire na tradición de reducir o espacio da arbitrariedade e polo tanto de someter progresivamente máis parcelas da vida pública ao control público, á censura, ao escrutinio, e en definitiva, a regulamento", relatou Xosé Luís Méndez Romeu. Na súa opinión, o novo marco legal permitirá que os cidadáns teñan información precisa sobre "todas as actuacións que en materia de contratación, convenios, subvencións ou concesións faga a Xunta".

Ao respecto, desde o PPdeG, o deputado Manuel Ruíz Rivas retrucou botando man do refraneiro: "dime do que presumes e direiche do que careces", amosando o escepticismo dos populares sobre a lei de transparecencia e indicando ao respecto do recente caso de presunta corrupción na deputación luguesa que "a quen se está investigando é a funcionarios, e non a altos cargos". Rivas subliñou que nos gobernos do PSOE "si houbera condenas en firme contra cargos públicos por casos de corrupción".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: