Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
A OPOSICIÓN INSISTE NA DEMISIÓN DE FRANCISCO CACHARRO

Piden unha comisión que determine as responsabilidades políticas pola fraude da deputación

"O responsábel de todo isto é Francisco Cacharro Pardo, que permitiu estas prácticas corruptas durante os últimos quince anos", denunciou Manuel Martínez, voceiro socialista na Deputación. No mesmo sentido se pronuncian desde o BNG, ao tempo que o seu voceiro, Xosé Antón Bao, propón constituír unha comisión de investigación con representación de todas as formacións políticas que determine as responsabilidades políticas no acontencido.

- 07:01 22/05/2006
Tags:

"Debera marchar para a casa, por dignidade política e pola saúde da propia institución", insiste Manuel Martínez desde o PSdeG. "Os longos anos de goberno do PP e de Cacharro corromperon o funcionamento da Deputación", subliña Xosé Antón Bao desde o BNG. Na mesma medida en que soben as voces desde a oposición pedindo a cabeza política de Cacharro Pardo ao fío do escándalo xudicial no que se viu enleada a institución, escasean as voces públicas que desde o PP saen en defensa do barón popular lugués.

De xeito paralelo seguen coñecéndose datos sobre o acontecido e trascende que varios dos detidos xa recoñeceron a súa implicación no pagamento de comisións ilegais en función da adxudicación de proxectos financiados pola deputación, á vista das probas documentais que darían evidencia deses cobros. Os nove detidos saíron xa do cárcere, cinco deles baixo fianza de 18 mil euros e os catro restantes en liberdade con cargos. Queda por atopar o enxeñeiro residente en Canarias Luis María Álvarez Prieto, vencellado á empresa de consultoría, e sobre o que hai orde de busca e captura.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: