Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
DIANTE DO REFERENDUM DE INDEPENDENCIA DO DIA 21

Os vascos ollan para Montenegro

Segundo declarou hoxe a voceira do Goberno Vasco, Miren Azkarate, este está moi interesado no proceso de autodeterminación montenegrino, que culmina este 21 de maio nun referéndum neste país balcánico, no que é posible que escolla o camiño da independencia definitiva de Serbia.

- 22:22 16/05/2006
Tags:

Para o Goberno Vasco é unha experiencia de interese en tanto que está avaliada e en certo modo patrocinada pola Unión Europea e para eles demostra que Europa pode aceptar a autodeterminación dos pobos.

En resposta a este interese e declaracións, o líder do PSE, Patxi López, aclarou que ese recoñecemento internacional do dereito de autodeterminación está limitado a cosas moi concretos: situacións coloniais, países que sofren unha clara opresión, ou que non teñan institucións de seu. Para el, o País Vasco non se atopa nin de lonxe en ningunha delas. O que non explicou é en cal delas se atopa logo Montenegro.


0/5 (0 votos)