Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESCONVÓCASE O PARO QUE LLE ÍA AFECTAR A OUTROS SECTORES

Mantense a folga do metal mentres os traballadores avalían o preacordo

Durante a mañá deste xoves os traballadores do sector do metal debaterán os detalles do preacordo conseguido polos seus representantes durante a xornada anterior despois dunha longa negociación. Desde os sindicatos UXT, CCOO e CIG existe unha moderada satisfacción sobre a resolución do conflito malia que nos primeiros encontros cos traballadores apareceron xa importantes diverxencias sobre os logros conseguidos. E mentres, no outros estremo, desde a patronal debúxase tamén malestar polas concesións realizadas.

- 07:01 11/05/2006
Tags:

En síntese, o preacordo establece que a temporalidade máxima será do 35% en 2006, do 45% en 2007 e que desde 2008 a porcentaxe de eventualidade máxima queda no 50%, de xeito que cando menos un de cada dous traballadores deberá ser indefinido.

Por outro lado a contratación nas empresas con diferentes nomes pero que formen parte do mesmo grupo empresarial manterá a antiguidade rexistrada no primeiro contrato, considerándose a efectos de indemnización ou despido. No que lle toca aos salarios, para 2006 fíxase unha suba de 800 euros para todas as categorías. En 2007 os soldos incrementaranse nun 1.5% sobre o IPC real de 2006 e en 2008 un 1% máis sobre o IPC do ano anterior. Dese xeito, nese treito a suba real dos soldos debera chegar aos 2200 euros. Ao tempo, o salario base sobe en 60 euros mes e en 190 euros deica xaneiro de 2008. O preacordo ocúpase tamén doutras cuestións específicas, como é o caso das baixas por enfermidade con con hospitalización, que serán compensadas co 100% da retribución ata a alta médica ou un período máximo de 3 meses.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: