Segundo publicou o diario británico The Independent, un micrófono vai gravar o vindeiro mes os sons do planeta Marte. Aínda que xa vimos fotos e mesmo gravacións en vídeo do planeta vermello, a Mars Polar Lander aterrará o 3 de decembro e transmitirá por primeira vez os sons da terra e do vento que alí se producen. Se a misión da Polar Lander sae ben, poderán escoitar a que soa Marte dende a web do Planetary Society.
.