Por terceira xornada consecutiva, a folga indefinida do sector do metal na provincia de Pontevedra está a colapsar o casco urbano de Vigo. Os manifestantes bloquearon esta mañá os accesos pola AP-9 e os túneles de Beiramar e Areal. Ás 11.30 celebrouse unha nova asamblea na Praza do Rei onde os sindicatos presentaron unha solicitude de folga en todo o sector do metal para o próximo día 11. A vixilancia polas rúas reforzouse con axentes do Corpo Nacional de Policia procedentes de Madrid e A Coruña ante os continuos incidentes rexistrados nestas primeiras xornadas de folga.
A convocatoria de paro total do sector afectaría a uns 37.000 traballadores e inclúe as empresas con convenio propio. Deste xeito, empresas de automoción e do naval como Citroën ou Barreras veríanse afectadas pola folga do día 11. Na asamlea, na que tamén houbo mostras de solidaridade coa traballadora detida nos altercados de onte, agradeceuse o apoio dos case seiscentos traballadores con contrato fixo que secundaron a folga. Os sindicatos fixeron un chamamento á calma ante os númerosos actos vandálicos relacionados co paro xa que hoxe continuou a queima de contenedores e incluso emborcadon na praza de España unha furgoneta dun instalador de aire acondicionado. Ante estes feitos, a vixilancia polas rúas reforzouse con axentes da policía procedentes de Madrid e da Coruña.